Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

charlota

Charlota de albaricoque

Receita de torta sen forno que se pode elaborar nunha media hora. Apta para principiantes. Moi doce e fresquiña.
Etiqueta/s:Fria, Principiantes, Sen forno
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de repouso en neveira8 hours
Tempo total8 hours 30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Francesa
Racións 10 persoas

Equipamento

  • 1 Molde desmontable 20 cm
  • Batedor para montar a nata

Ingredientes
  

  • 300 g de biscoitos soletilla
  • 1 lata de pexegos en almibre
  • 500 ml de nata para montar
  • 400 g de queixo crema
  • 1 bote de marmelada de albaricoque
  • 6 láminas de xelatina
  • 3 culleradas de licor (ron, whisky, brandy…)

Elaboración paso a paso
 

  • O primeiro paso será poñer a hidratar a xelatina cun pouco de auga fría.
  • Ademais, escollemos un molde redondo e desmontable, duns 20 cm. 
  • Abrimos a lata de pexegos e separamos a metade de almibre nun bol.
  • Engadimos dúas boas culleradas de marmelada ao almibre, así como 3 dalgún licor. Esta será a mestura para mollar os biscoitos. 
  • Empezamos a mollar lixeiramente os nosos biscoitos. Botamos 3 ou 4 asemade e, cando empecen a humedecerse, ímolos colocando de pé ao redor do noso molde.
  • Cando teñamos todo o bordo cuberto cos biscoitos, pasaremos a facer a base. Mesmo procedemento: mollamos os biscoitos un pouco e ímolos poñendo colocados na base. 
  • Cortamos os nosos pexegos en láminas finas. Reservamos as 3 metades máis bonitas para decorar. O resto cortámola máis pequena.
  • Escorremos a auga da xelatina, botamos 4 culleradas de almibre sobre ela, ademais de 2 boas culleradas da marmelada. Non teñas medo, a estas alturas só debería quedarche un cullerada máis. Quentámolo uns 20 segundos no microondas.
  • Botamos a nata nun bol e empezamos a bater. Cando empece a cambiar a textura, engadimos o queixo crema e a mestura coa xelatina. Batemos. 
  • Cando empece a engordar e a ter textura de nata montada, botamos os nosos pexegos cortados pequeniños.
  • Collemos o noso molde e botamos, aproximadamente, a metade da crema. 
  • Mollamos máis biscoitos, o mesmo que fixemos na base e poñémolos sobre a base crema (sen apertalos).
  • Botamos o resto da crema e alisamos.
  • Despois de mollar todos os biscoitos, deberíanos quedar un pouco de marmelada e almibre. Engadirémoslle un pouco de marmelada máis, mesturamos e botámolo sobre a nosa torta.
  • Para decorar, collemos as láminas de pexego que apartamos anteriormente. A idea é ir facendo círculo con eles, sobrepoñendo o final co principio e de fóra cara a dentro. O círculo farase cada vez máis pequeno ata formar unha flor. 
  • Terminamos a flor co anaco máis pequeno que teñamos e reservamos na neveira toda a noitee. 

VOLVER