O primeiro paso será poñer a hidratar a xelatina cun pouco de auga fría.
Ademais, escollemos un molde redondo e desmontable, duns 20 cm.
Abrimos a lata de pexegos e separamos a metade de almibre nun bol.
Engadimos dúas boas culleradas de marmelada ao almibre, así como 3 dalgún licor. Esta será a mestura para mollar os biscoitos.
Empezamos a mollar lixeiramente os nosos biscoitos. Botamos 3 ou 4 asemade e, cando empecen a humedecerse, ímolos colocando de pé ao redor do noso molde.
Cando teñamos todo o bordo cuberto cos biscoitos, pasaremos a facer a base. Mesmo procedemento: mollamos os biscoitos un pouco e ímolos poñendo colocados na base.
Cortamos os nosos pexegos en láminas finas. Reservamos as 3 metades máis bonitas para decorar. O resto cortámola máis pequena.
Escorremos a auga da xelatina, botamos 4 culleradas de almibre sobre ela, ademais de 2 boas culleradas da marmelada. Non teñas medo, a estas alturas só debería quedarche un cullerada máis. Quentámolo uns 20 segundos no microondas.
Botamos a nata nun bol e empezamos a bater. Cando empece a cambiar a textura, engadimos o queixo crema e a mestura coa xelatina. Batemos.
Cando empece a engordar e a ter textura de nata montada, botamos os nosos pexegos cortados pequeniños.
Collemos o noso molde e botamos, aproximadamente, a metade da crema.
Mollamos máis biscoitos, o mesmo que fixemos na base e poñémolos sobre a base crema (sen apertalos).
Botamos o resto da crema e alisamos.
Despois de mollar todos os biscoitos, deberíanos quedar un pouco de marmelada e almibre. Engadirémoslle un pouco de marmelada máis, mesturamos e botámolo sobre a nosa torta.
Para decorar, collemos as láminas de pexego que apartamos anteriormente. A idea é ir facendo círculo con eles, sobrepoñendo o final co principio e de fóra cara a dentro. O círculo farase cada vez máis pequeno ata formar unha flor.
Terminamos a flor co anaco máis pequeno que teñamos e reservamos na neveira toda a noitee.