Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

sdfg

Bocados de berenxena

Un nutritivo entrante moi doado de preparar onde o seu ingrediente principal é a berenxena.
Etiqueta/s:Aperitivo
Imprimir receita
Tempo de preparación1 hour
Prato Entrante
Cociña Mediterránea
Racións 3 persoas

Equipamento

  • 1 Coador
  • 1 Bowl
  • 1 Cazo

Ingredientes
  

  • 1 ud berenxena grande
  • 1/2 cda allo polvo
  • 1/2 cda pirixel seco
  • 1 ud ovo
  • 100 g fariña de trigo
  • 5 g fermento
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Pelamos e relamos a berenxena, deixamos 15 min nun coador sobre un bol, salgamos ao gusto.
  • Despois apertámola moi ben sacando toda a súa agua.
  • Batemos o ovo, salgamos, botámolo sobre a berenxena, integramos ben.
  • Engadimos as especias, allo, pirixel e pementa negra.
  • Mesturamos a fariña co fermento.
  • Integramos todo moi ben ata obter unha masa.
  • Quentamos aceite nun cazo a lume medio e imos fritindo porcións pequenas, de bocado, con axuda de dúas culleres, ata que estean ben douradiños, retiramos a un papel absorbente.
  • Servimos acompañados da nosa salsa favorita.
    20240924 123206 01

VOLVER