Pelamos e relamos a berenxena, deixamos 15 min nun coador sobre un bol, salgamos ao gusto.
Despois apertámola moi ben sacando toda a súa agua.
Batemos o ovo, salgamos, botámolo sobre a berenxena, integramos ben.
Engadimos as especias, allo, pirixel e pementa negra.
Mesturamos a fariña co fermento.
Integramos todo moi ben ata obter unha masa.
Quentamos aceite nun cazo a lume medio e imos fritindo porcións pequenas, de bocado, con axuda de dúas culleres, ata que estean ben douradiños, retiramos a un papel absorbente.
Servimos acompañados da nosa salsa favorita.