Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

imagen horizontal

Albóndegas en salsa española

Estas albóndegas 100% vexetais están inspiradas na receita clásica, pero elaboradas sen ingredientes de orixe animal, ofrecen unha textura zumarenta e un sabor reconfortante que conquista a calquera padal.
Son ricas en proteínas, económicas e moi fáciles de preparar que se converterán nun básico do teu receitario.
Autor/a: Medio Limón
Etiqueta/s:Albóndegas, Económica, Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tiempo de reposo20 minutes
Tempo total50 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Batedor
  • 1 Bol
  • 1 Táboa de madeira
  • 1 Coitelo
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 100 g soia texturizada
  • 2 uds cebola
  • 2 uds cenoria
  • 1 ud pemento vermello
  • 200 g tomate triturado
  • 50 ml viño tinto
  • 400 ml caldo de verduras
  • 4 cdas sopeiras de avea en flocos
  • 2 cdas sopeiras de fariña fina de maiz(maicena)
  • 2 culleradiñas sal
  • 1 culleradiña pemento doce
  • 1 manojo pequeno de pirixel fresco
  • 2 uds dentes de allo
  • 1 cda salsa de soia
  • Aceite

Elaboración paso a paso
 

  • Hidrata a soia nun bol amplo en auga quente cun chorriño de salsa de soia durante 20 minutos.
  • Mentres, refoga unha cebola e dous dentes de allo ben picadiños nunha tixola cun chorrño de aceite de oliva e sal. Despois duns minutos, agrega pirixel picado, mestura e apaga o lume.
  • Escorre ben a soia, axudándote dun coador amplo e dunha culler para apertar a soia e que caia todo o líquido posible (este líquido queda xenial nunha sopa tipo ramen, por se qures aproveitalo ou conxelalo. Ten moito sabor e proteínas).
  • Mestura a soia escorrida cunha culleradiña de sal, outra de pemento doce, a cebola, o allo e o pirixel refogados, a avea e a fariña de millo. Mestura todo coa axuda dunha culler e tritura cun batedor ou procesador ata conseguir unha mestura homoxénea.
  • Deixa que repouse 10 minutos no frigorífico e fai boliñas. Saen unhas 25; podes cociñalas na fritidora de aire, con aceite de spray por enriba, 10 minutos a 190 graos ou douralas na tixola.
  • Para a salsa española: refoga 2 cebolas e 2 cenorias peladas e cortadas, con 1 pemento vermello tamén cortado en anacos, nunha tixola con fondo de aceite. Cando as verduras estean douradas, agrega o tomate triturado, o viño, mestura de novo e agrega o caldo. Deixa que se cociñe todo xunto durante uns 15 minutos. Tritura e mestura coas albóndegas. Deixa que se cociñe todo xunto un par de minutos e listo!.

VOLVER