Hidrata a soia nun bol amplo en auga quente cun chorriño de salsa de soia durante 20 minutos.
Mentres, refoga unha cebola e dous dentes de allo ben picadiños nunha tixola cun chorrño de aceite de oliva e sal. Despois duns minutos, agrega pirixel picado, mestura e apaga o lume.
Escorre ben a soia, axudándote dun coador amplo e dunha culler para apertar a soia e que caia todo o líquido posible (este líquido queda xenial nunha sopa tipo ramen, por se qures aproveitalo ou conxelalo. Ten moito sabor e proteínas).
Mestura a soia escorrida cunha culleradiña de sal, outra de pemento doce, a cebola, o allo e o pirixel refogados, a avea e a fariña de millo. Mestura todo coa axuda dunha culler e tritura cun batedor ou procesador ata conseguir unha mestura homoxénea.
Deixa que repouse 10 minutos no frigorífico e fai boliñas. Saen unhas 25; podes cociñalas na fritidora de aire, con aceite de spray por enriba, 10 minutos a 190 graos ou douralas na tixola.
Para a salsa española: refoga 2 cebolas e 2 cenorias peladas e cortadas, con 1 pemento vermello tamén cortado en anacos, nunha tixola con fondo de aceite. Cando as verduras estean douradas, agrega o tomate triturado, o viño, mestura de novo e agrega o caldo. Deixa que se cociñe todo xunto durante uns 15 minutos. Tritura e mestura coas albóndegas. Deixa que se cociñe todo xunto un par de minutos e listo!.