Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

fideos chinos con ternera 9

Fideos chineses con tenreira

Esta receitiña de fideos chineses con tenreira faise nun abrir e pechar de ollos, e é un pouquiño máis exótica, que, para variar, non está nada mal.
A pasta cócese en 3 minutos, mergullándoa en auga fervendo, e non hai máis que engadila á carne picada, salteada con algunha que outra cousiña exótica que xa deixou de selo, porque todos as temos nas nosas despensas.
Eu creo que estes fideos chineses con tenreira son unha forma saborosa, saudable, diferente e rapidísima de resolver unha comida.
Etiqueta/s:receita de pasta
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción13 minutes
Tempo total18 minutes
Prato Prato principal
Cociña Asiática
Racións 3 persoas

Equipamento

  • 1 Cazo
  • 1 Tixola amplia ou tarteira baixa

Ingredientes
  

  • 550 gr carne picada de terneira
  • 250 gr fideos chineses ao ovo
  • 1 Ceboliña grande
  • 2 Dentes de allo
  • Xenxibre fresco ou seco
  • 2 cdas tahina
  • 8 cdas salsa de soia
  • 3 cdas vinagre de arroz ou mazá
  • 1 cda mel
  • 2 cdas sésamo torrado
  • Aceite
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Picamos unha ceboliña grande e reservamos a parte verde do talo.
  • Nun pouquiño de aceite de oliva a salteamos. Se queredes acurtar este proceso, introducide previamente a ceboliña xa cortada  nun recipiente adecuado para micro e cociñala nel uns 5 minutos. Eu sempre o fago e, alén de aforrar tempo e aceite, sinta mellor o estómago.
  • Non salgamos nada durante o proceso porque logo imos utilizar salsa de soia e é mellor rectificar o sal ao final.
  • Cando a cebola estea medio feita, engadimos dous dentes de allo grandes moi, moi picados e un anaco de xenxibre fresco relado.
  • Nun cazo con auga fervendo poñemos os fideos chineses, algo de sal e retirámolos do lume.
  • Incorporamos a carne de tenreira picada e deixamos que se sele lixeiramente. Cando aínda se vexa rosada, engadimos: 2 culleradas de pasta de sésamo (tahina), 8 culleradas de salsa de soia, 3 culleradas de vinagre de arroz (ou de mazá) e un chorrito de mel.
  • Deixamos que se mesturen ben os sabores e sen que a carne se faga do todo, escorremos os fideos (que estarían 3 minutos repousando na auga quente)  e mesturamos todo ben.
  • Deixamos cociñar un minuto máis e listo!

VOLVER