Picamos unha ceboliña grande e reservamos a parte verde do talo.
Nun pouquiño de aceite de oliva a salteamos. Se queredes acurtar este proceso, introducide previamente a ceboliña xa cortada nun recipiente adecuado para micro e cociñala nel uns 5 minutos. Eu sempre o fago e, alén de aforrar tempo e aceite, sinta mellor o estómago.
Non salgamos nada durante o proceso porque logo imos utilizar salsa de soia e é mellor rectificar o sal ao final.
Cando a cebola estea medio feita, engadimos dous dentes de allo grandes moi, moi picados e un anaco de xenxibre fresco relado.
Nun cazo con auga fervendo poñemos os fideos chineses, algo de sal e retirámolos do lume.
Incorporamos a carne de tenreira picada e deixamos que se sele lixeiramente. Cando aínda se vexa rosada, engadimos: 2 culleradas de pasta de sésamo (tahina), 8 culleradas de salsa de soia, 3 culleradas de vinagre de arroz (ou de mazá) e un chorrito de mel.
Deixamos que se mesturen ben os sabores e sen que a carne se faga do todo, escorremos os fideos (que estarían 3 minutos repousando na auga quente) e mesturamos todo ben.
Deixamos cociñar un minuto máis e listo!