Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

medallones de merluza platos faciles

Medallóns de pescada en salsa

Os medallóns de pescada en salsa de tomate son unha desas receitas caseiras de peixe que nunca pasan de moda e que adoitamos atopar nas nosas mesas. É un prato sinxelo e saboroso, perfecto para preparar en calquera época do ano, especialmente cando buscamos unha forma diferente de gozar da pescada. A combinación do peixe coa salsa de tomate, os chícharos e o ovo cocido fai que sexa unha receita moi completa e tradicional, desas que se gozan aínda máis cun bo anaco de pan.
Etiqueta/s:caseiro, peixe
Imprimir receita
Tempo de preparación25 minutes
Tempo total25 minutes
Prato Prato principal
Cociña Española
Racións 3 persoas

Equipamento

  • 1 Tixola amplia
  • 1 Coitelo
  • 1 Táboa de cortar
  • 1 Culler
  • 1 Cazo

Ingredientes
  

  • 6 Medallóns de pescada
  • 1/2 Cebola
  • 3 Allos
  • 1/2 Pemento vermello
  • 1 cda de fariña
  • Fariña para rebozar a pescada
  • 100 ml de vino branco
  • 4 cdas de tomate estilo caseiro
  • 300 ml de caldo de pescado
  • Sal
  • Pementa negra
  • 1 Ovo cocido
  • 100 g chícharos conxelados
  • 3 cdas de aceite de oliva

Elaboración paso a paso
 

  • Salpementamos os medallóns de pescada e pasámolos por fariña, sacudindo o exceso. Poñemos o aceite de oliva nunha tixola e, cando estea quente, fritimos os medallóns polos dous lados ata que estean dourados. Retirámolos e reservámolos.
  • Na mesma tixola, engadimos a cebola, o allo e o pemento vermello. Refogamos ata que as verduras estean tenras e lixeiramente douradas. Engadimos os chícharos, o tomate ao estilo caseiro e o viño branco. Removemos durante uns minutos para que se evapore o alcohol. Incorporamos a cullerada de fariña e removemos para integrala coas verduras e o tomate.
  • Engadimos o caldo de peixe, rectificamos de sal se fose necesario e incorporamos os medallóns de pescada que tiñamos reservados. Deixamos cociñar todo xunto durante uns 10 minutos.
  • Colocamos o ovo cocido cortado no centro para decorar e servimos.

VOLVER