Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

ternera horizontal

Tenreira en prebe

A tenreira en prebe é un guiso tradicional de cociña caseira moi popular en España, especialmente nas comidas familiares da fin de semana. Habitualmente prepárase en ola a presión, o que a converte nunha receita fácil e relativamente rápida: nuns 20-30 minutos a carne queda moi tenra. Se non dispós dela, tamén pode cociñarse nunha pota convencional, prolongando a cocción entre 1 hora e media e 2 horas ata lograr a mesma textura melosa.
A súa salsa queda ben ligada e saborosa, sen picante, cun sabor suave pero intenso grazas ao sofrito de verduras e ao caldo. É un prato ideal para deixar feito con antelación porque gaña sabor ao repousar, perfecto para levar en táper ou para unha comida tranquila na casa. Combina especialmente ben con patacas fritas, arroz branco ou simplemente bo pan para mollar, e destaca por ser un deses pratos reconfortantes de toda a vida que sempre apetecen.
Etiqueta/s:carne, caseiro, doado, guiso, prebe, salsa, tenreira, tradicional
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción25 minutes
Repouso antes de abrir a ola15 minutes
Tempo total55 minutes
Prato Prato principal
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Ola a presión
  • Tixola

Ingredientes
  

  • 800 g carne de tenreira
  • 1/2 ud cebola
  • 3 dentes de allo
  • 1/2 ud pemento vermello
  • 2 cdas tomate frito
  • 100 ml viño branco
  • 3 cdas aceite de oliva
  • 1 ud caiena
  • 1 cdiña pimentón
  • Pirixel
  • Pementa negra acabada de moler
  • Sal
  • 150 ml auga
  • Patacas fritidas para acompañar también podes acompañar con arroz

Elaboración paso a paso
 

  • Comezamos poñendo nunha ola a presión o aceite. Cando alcance a temperatura, engadimos a cebola, os allos e o pemento vermello. Ímolos remexendo ata que estea refogado.
  • Agora incorporamos a carne de tenreira. Poñemos sal e pementa ao gusto e remexemos un pouco ata que perda o ton avermellado.
  • Seguidamente, incorporamos o pemento doce, remexemos e despois engadimos o viño branco, o tomate frito, o prixel, a caiena e volvemos remexer todo durante uns 3 minutos para que se evapore o alcol. Engadimos a auga e remexemos todo moi ben.
  • Neste momento tapamos a pota. Programamos a válvula no número dous e poñémola a lume alto ata que salte. Cando empece a saír o vapor, baixamos a potencia baixa durante 20/ 25 minutos e xa a teriamos lista. Esperamos ata que a poidamos abrir.
  • Mentres, aproveitamos para fritir unhas patacas.

Notas

Puedes preparar este guiso con antelación, ya que de un día para otro la salsa queda aún más sabrosa.

VOLVER