Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gadisa gnocchi calabaza portada

Gnocchis cremosos con cabaza e espinacas

Estes gnocchis cremosos con cabaza e espinacas son a receita perfecta para dar a benvida ao outono. A cabaza, coa súa dozura natural e a súa cor cálida, convértese na protagonista dun prato reconfortante que combina á perfección coa suavidade da crema e o frescor das espinacas.
É unha preparación sinxela pero moi vistosa, ideal para gozar nesta tempada na que apetecen pratos máis cálidos, nutritivos e cheos de sabor caseiro.
Etiqueta/s:Cabaza, Outono, Queixo, Rápido, Sinxelo
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Táboa
  • 1 Coitelo
  • 1 Fonte de forno
  • 2 Cacerolas
  • 1 Rallador

Ingredientes
  

  • 300 g cabaza
  • 1 Cebola
  • 200 ml nata líquida
  • 500 g gnocchi
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Noz moscada
  • 150 g espinacas
  • 150 g mozzarella

Elaboración paso a paso
 

  • Lavar e cortar a cabaza en toros finos. Dispoñer nunha fonte de forno con aceite de oliva e enfornar a 180º 20 minutos ou en Airfryer 180º 12/15 minutos.
  • Triturar a cabaza e reservar.
  • Nunha cazola saltear unha cebola picada, 10 minutos.
  • Engadir a cabaza triturada, a nata líquida, noz moscada e sal. Remover 2 minutos.
  • Cocer os gnocchi (están feitos cando comezan a flotar), poñer un cazo da auga de cocción na mestura anterior e agergar as espinacas, Cociñar o conxunto 3 minutos.
  • Escorrer os gnocchi e engadilos tamén, remover, agregar o queixo e servir inmediatamente.

VOLVER