Estes gnocchis cremosos con cabaza e espinacas son a receita perfecta para dar a benvida ao outono. A cabaza, coa súa dozura natural e a súa cor cálida, convértese na protagonista dun prato reconfortante que combina á perfección coa suavidade da crema e o frescor das espinacas. É unha preparación sinxela pero moi vistosa, ideal para gozar nesta tempada na que apetecen pratos máis cálidos, nutritivos e cheos de sabor caseiro.
Lavar e cortar a cabaza en toros finos. Dispoñer nunha fonte de forno con aceite de oliva e enfornar a 180º 20 minutos ou en Airfryer 180º 12/15 minutos.
Triturar a cabaza e reservar.
Nunha cazola saltear unha cebola picada, 10 minutos.
Engadir a cabaza triturada, a nata líquida, noz moscada e sal. Remover 2 minutos.
Cocer os gnocchi (están feitos cando comezan a flotar), poñer un cazo da auga de cocción na mestura anterior e agergar as espinacas, Cociñar o conxunto 3 minutos.
Escorrer os gnocchi e engadilos tamén, remover, agregar o queixo e servir inmediatamente.