Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gadisa ramen con currygj

Ramen estilo tailandés con curry e coco

Este Ramen estilo Thai é a combinación perfecta entre o cremoso, o aromático e o reconfortante. Cun caldo infusionado con curry suave, leite de coco e o umami das setas shiitake, cada cullerada é unha explosión de sabor equilibrado e delicioso.
Ideal para quen busca unha receita diferente pero fácil de preparar, este ramen é perfecto para calquera ocasión. Engade as túas proteínas e vexetais favoritos e goza dun prato cheo de matices orientais que te transportará directamente a Tailandia. Anímate a probalo!
Etiqueta/s:Asiática, Cogomelos, Curry, Ramen, Shiitake, Tailandés, Xaponés
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción15 minutes
Prato Prato principal
Cociña Asiática
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Tarteira
  • Tixola

Ingredientes
  

  • 12 uds filetes de lombo de porco
  • 250 g fideos orientais
  • 1 ud cebola
  • 15 g tomate concentrado
  • 20 g xenxibre fresco
  • 100 ml leite de coco
  • 120 g cogomelos shiitake
  • 700 ml caldo de polo
  • 25 ml salsa de soia
  • 4 uds ovos
  • Curry ao gusto
  • Allo tenro
  • Coriandro para decorar

Elaboración paso a paso
 

  • Pasar nunha tarteira, cun pouco de aceite de oliva, unha cebola picada durante 10 minutos
  • Engadir o tomate concentrado, xenxibre fresco, 100 g de leite de coco, 125 g cogomelos shiitake, curry ao gusto, salsa de soia e caldo de polo. Cociñar 15 minutos
  • Cocer os fideos e cociñar na grella os filetes de lombo.
  • Montar o prato con todos os ingredientes, ovos cocidos 6 minutos e decorar con allo tenro e coriandro.

Video

VOLVER