
Ensaladilla de polbo. Maonesa MÁIS LIXEIRA
Con esta ensaladilla ímolo dar todo e ímola facer FIT, como din os modernos. Para iso, poremos a metade de maonesa e a metade de iogur grego natural; dese modo, quedaranos unha deliciosa ENSALADILLA DE POLBO cunha salsa menos calórica pero igual de rica e cremosa.Para facer esta ensaladilla podes mercar o polbo xa cociñado e, ademais, aproveitar o que cociñes para outra elaboración gardando 2 ou 3 patas para facela.Trátase dun prato que tanto serve para unha comida de domingo como para agasallar os teus convidados nunha bonita velada de verán.O polbo, como o resto dos ingredientes, consígoos en GADIS, o supermercado onde fago a miña compra habitual.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Prato Prato principal
Racións 6 persoas
Ingredientes
- 5 patacas
- 4 cenorias
- 4 ovos
- 400 g de polbo cocido
- 150 g de chícharos en conserva
- Sal
- Pementa negra
- Aceite de oliva virxe extra
- 1 manchea de tomates cherry para empratar
Elaboración paso a paso
- Mesturar os ingredientes da salsa, poñemos a maonesa e o iogur, salpementamos, mesturamos e reservamos.
- Cociñar os ovos en auga con sal e vinagre durante 10 minutos (contar desde que empece a ferver) pasar a unha cunca con auga con xeo e pelar. Reservar.
- Cortar o polbo en anacos tamaño polbo á feira e saltear nunha tixola a lume forte, pasar a un prato e reservar.
- Cocer as patacas e as cenorias ata que estean tenras (uns 25 minutos) escorrer, deixar temperar, pelar as patacas cortar xunto coas cenorias todo ben miúdo e pasar a un bol. Salpementar e regar cun fino fío de aceite de oliva.
- Botar os chícharos no bol, un ovo picadiño (deixar os outros para cortar en cuartos e decorar a fonte), engadir sal, engadir a salsa, mesturar ben. Verter o contido na fonte, decorar cos cherry e cos ovos, coroar co polbo salteado, regar co aceite de pemento doce e servir.