Mesturar os ingredientes da salsa, poñemos a maonesa e o iogur, salpementamos, mesturamos e reservamos.
Cociñar os ovos en auga con sal e vinagre durante 10 minutos (contar desde que empece a ferver) pasar a unha cunca con auga con xeo e pelar. Reservar.
Cortar o polbo en anacos tamaño polbo á feira e saltear nunha tixola a lume forte, pasar a un prato e reservar.
Cocer as patacas e as cenorias ata que estean tenras (uns 25 minutos) escorrer, deixar temperar, pelar as patacas cortar xunto coas cenorias todo ben miúdo e pasar a un bol. Salpementar e regar cun fino fío de aceite de oliva.
Botar os chícharos no bol, un ovo picadiño (deixar os outros para cortar en cuartos e decorar a fonte), engadir sal, engadir a salsa, mesturar ben. Verter o contido na fonte, decorar cos cherry e cos ovos, coroar co polbo salteado, regar co aceite de pemento doce e servir.