Estás a ver Gadis para

O modelo de distribución de Gadis está caracterizado pola proximidade e conta cunha ampla representación de provedores familiares e rexionais de España. Demostrou, ademais, ser o máis positivo para todos os axentes implicados: provedores e provedoras, clientela e sociedade en xeral. Esta aposta permítenos ter un coñecemento profundo do territorio e manter un compromiso firme co seu desenvolvemento e crecemento, impulsando a economía local ao optar por produtos de proximidade e manter relacións duradeiras e estables cos provedores.

Que facemos en Gadis?

O noso vínculo co territorio levounos a traballar nun modelo de negocio que xera un impacto positivo na contorna. Formamos parte da cadea de valor alimentaria, un piar esencial para garantir a calidade de vida das persoas e o crecemento de pemes, cooperativas e empresas familiares. Así mesmo, creamos alianzas a longo prazo cos provedores e provedoras que nos abastecen, construíndo un sistema de aprovisionamento local, sostible e responsable.

O noso modelo de selección de provedores prioriza a súa proximidade non só para abastecernos de produtos frescos, senón tamén para fortalecer o tecido produtivo, potenciar o sector agropecuario, xerar emprego de calidade nas comunidades nas que estamos presentes e coidar o planeta.

Imagen Principal Objetivos

Por que?

Para Gadis é crucial que o modelo de negocio contribúa ao crecemento e desenvolvemento do territorio. Por iso, unha das nosas prioridades é ofrecer produtos de máxima excelencia e de proximidade que teñan un impacto ambiental, social e económico positivo na nosa contorna.

Impacto

No ano 2022, realizáronse compras por 466 millóns de euros a provedores de Galicia e Castela e León e trabállase a diario con 2.125 provedores e provedoras de proximidade,, dos cales 1.021 son de alimentación.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo suppliers1Imagen Objetivo suppliers2Imagen Objetivo suppliers3