Estás a ver Gadis para

O 15 de outubro é o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha conmemoración que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu no 2007 coa intención de recoñecer e visibilizar o papel da muller rural.

Que facemos en Gadis?

Gadis súmase a esta celebración coa campaña “Mulleres rurais” iniciada no 2022 co obxectivo de contribuír ao empoderamento e posta en valor da profesión. Anualmente, Gadis organiza un evento en formato mixto (presencial e streaming) no que se dá a coñecer a diversas produtoras locais dos seus supermercados e a importancia do seu labor diario desde o noso rural. Cada edición conta con vídeos gravados nas instalacións das produtoras que se presentan no foro.

Imagen Principal Objetivos

Por que?

En España, máis de sete millóns de mulleres viven no medio rural. Estas mulleres contribúen de maneira activa ao progreso da súa comunidade, dinamizando a economía da zona e contribuíndo a fixar poboación no territorio. Ademais, constitúen unha peza clave na alimentación.

Impacto

En Gadis mantemos unha aposta pioneira desde os nosos inicios coa produción local como eixo vertebrador do tecido socioeconómico das comunidades nas que estamos implantados. Esta aposta supuxo na práctica, o investimento de máis de 466 millóns de euros destinados a compras a provedores locais en 2022, co conseguinte impacto positivo na súa contorna.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo ruralWoman1