Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver a Impacto Positivo Económico

APOIO A INICIATIVAS LOCAIS

Unha das apostas firmes de Gadis é o fomento do desenvolvemento e a dinamización local. Así, promovemos iniciativas que estimulen e reforcen o emprendemento local, ademais de establecer e manter alianzas con provedores de quilómetro 0. Unha das vías de dinamización do comercio local é o apoio ás asociacións empresariais nacionais e locais de Galicia e Castela e León e outras entidades de difusión da economía local. Cada ano, colaboramos cun bo número de eventos cuxo obxectivo é apoiar o desenvolvemento local de calidade.

Que facemos en Gadis?

Favorecemos o desenvolvemento da nosa contorna mediante alianzas para impulsar o emprendemento local e visibilizar o seu valor. Este apoio ao desenvolvemento local maniféstase en diversas iniciativas, entre as que destacan:

  • A colaboración con entidades que comparten a nosa filosofía e que interveñen no fortalecemento do tecido socioeconómico local. Entre elas atópase a Confederación de Empresarios de Galicia, a Asociación Galega da Empresa Familiar, a Asociación de Supermercados de Galicia, a Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC), a Asociación de Empresas de Supermercados (ASEDAS), Ecoembes, o Consello Empresarial Alianza por Iberoamérica (CEAPI), a Asociación de Supermercados de Castela e León (ASUCYL), a Asociación Galega de Marketing e a Confederación de Empresarios de Pontevedra.
  • O recoñecemento do emprendemento local mediante o apoio a premios empresariais. Colaboramos na organización de premios á iniciativa empresarial como os Spin-off Galicia, Premios Castilla y León Económica ou os impulsados pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).
Imagen Principal Objetivos

Por que?

O crecemento e desenvolvemento do territorio forma parte dos principios básicos que rexen o noso modelo de negocio. Neste sentido, estar preto das entidades que apoian o comercio local e que fomentan a dinamización da economía é crucial para fortalecer o emprendemento e alcanzar un impacto positivo a través do desenvolvemento sostible e de calidade.

Impacto

Todos os anos colaboramos con asociacións empresariais, de consumo e outras actividades que potencian a economía local promovendo o impacto positivo na nosa contorna.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo localInitiatives1Imagen Objetivo localInitiatives2Imagen Objetivo localInitiatives3