Rosquillas de mamá
por: Ascensión Serrano Guevara
Rosquillas de mamá
por: Ascensión Serrano Guevara
Esta receita vinlla preparar a miña nai desde sempre. Na casa non faltaban as rosquillas, sobre todo para agasallar as visitas. Hoxe, miña nai xa non está pero a miña cociña segue arrecendendo a rosquillas.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 12 personas
Tempo de elaboración 15 minutes minutes
Tempo de cocción 15 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 Ovo
- 5 cdas de aceite
- 5 cdas de leite
- 5 cdas de azucre
- 1 chisco de bicarbonato
- reladura de limón
- 1 cdña anís en gran
- Fariña A que admita a masa ata que estea consistente
- Aceite de xirasol para fritir
Preparación:
- Mesturamos nun bol todos os ingredientes menos a fariña, que iremos engadindo pouco a pouco ata obter unha masa consistente e fácil de manexar para poder formar as rosquillas.
- Deixámola repousar 15 minutos.
- Dásmoslles forma ás nosas rosquillas e fritímolas nunha tixola con abundante aceite de xirasol, para que floten ao fritirse.
- Cando estean douradas polos dous lados, sácanse a unha fonte e pásanse por azucre (opcional).
