Roscón de Reis
por: Araceli Molinero
Roscón de Reis
por: Araceli Molinero
Intento de roscón de Reis. Non hai moito máis que dicir. Levo anos facendo o roscón caseiro. Din que o Día de Reis é máximo pero o día antes, cando o preparaba cos meus fillos e agora coa miña nora e co meu xenro, éo aínda máis. Entre momento e momento, mentres a masa dobra o volume, xogamos, rimos e tomamos o aperitivo para cear todos xuntos. Decoralo é cousa miña. Na mañá do día 6 prepároo, decóroo e reénchoo a metade con nata e a outra metade con chocolate.Non deixo que ninguén entre na cociña para poñer o rei; ultimamente é diñeiro, temos máis orzamento, e a faba troqueina por un garavanzo (previso aviso). Velos outra vez discutir polo anaco máis grande, por quen queda a coroa... maxia. Paga a pena "enzoufarse" co roscón.*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 4 hours hours
Tempo de cocción 50 minutes minutes
Ingredientes:
Para a masa:
- 500 g fariña de forza
- 120 g azucre
- 20 g fermento fresco
- 100 ml leite morno
- 75 g manteiga branda
- 2 Ovos
- 1 Reladura de laranxa
- 1 cda de auga de azar
- 1 cdña de vainilla
- 1 chisco de sal
Para decorar:
- Améndoa laminada
- Azucre húmido
- 1 Xema de ovo. Para pincelar
Recheo:
- Nata para montar
- Azucre
- Chocolate negro en tableta
Preparación:
- Mestura o fermento con leite morno e azucre e agarda 10 minutos.
- Mestura todo o demais (fariña, ovos, reladura, auga de azar, vainilla e fermento).
- Amasa ben e engade a manteiga ao final.
- Deixa levar durante 2-3 horas, ata que a masa medre.
- Forma o roscón facendo un aro grande.
- Deixar fermentar outra fez durante 1 hora.
- Pincela con ovo e decora con froitas, con améndoas e con azucre.
- Meter no forno durante 20 minutos a 170 ºC os primeiros 5 minutos e a 190 ºC os últimos 15 minutos.
- Deixar arrefriar e listo.
