Compartimos las recetas

Rolo de tenreira recheo ao forno
Rolo de tenreira recheo ao forno
Rolo de tenreira recheo ao forno
por: Rosa

Rolo de tenreira recheo ao forno

por: Rosa
Receita moi especial que lembra as festas patronais na casa da miña nai e da miña tía. Aprendina delas e fágoa en eventos especiais, polo menos, dúas veces ao ano. Á miña familia encántalle. este prato frío tamén está riquísimo, pero case nunca sobra.


*Receita orixinal en castelán
Rolo de tenreira recheo ao forno
Rolo de tenreira recheo ao forno
Categoría Carnes
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours
Tempo de cocción 1 hour 25 minutes
Rolo de tenreira recheo ao forno

Ingredientes:

  • 2 kg de tenreira
  • Pirixel
  • Allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • 5 Ovos cocidos
  • 1 bolsa salchichas medianas
  • 1 bolsa olivas recheas
  • 1 bote pementos de piquillo
  • 150 g xamón cocido
  • 150 g xamón serrano
Rolo de tenreira recheo ao forno
Rolo de tenreira recheo ao forno

Preparación:

  • Eu pido a peza de carne xa aberta na carnicería e adubo polos dous lados co aliño, preparado previamente no morteiro, con allo, pirixel, sal e aceite de oliva.
  • Estendo plana a peza e comezo colocando o xamón serrano e os pementos; logo, os ovos cocidos, enteiros e colocados en fileira ao longo da peza. Deseguido, poño as salchichas ao long,as olivas e cubro todo co xamón cocido.
  • Comezo a enrolar no sentido máis alongado da peza e cunha agulla grosa e fío dos chourizos vou cosendo todo ao longo para que non saia o recheo. Por último, dou varias voltas de fío, apertando e tensando para que quede máis compacto.
  • Poño no forno a uns 190 graos durante aproximadamente unha hora e media. Se seca, engado un pouco de caldo ou incluso viño branco, ao gusto.
  • Antes de cortalo, para que non se desfaga, espero uns minutos tras sacalo do forno e utilizo un coitelo ben afiado, que non sexa de serra. E listo para empratar!