Pementos recheos
por: Jessica Sánchez
Pementos recheos
por: Jessica Sánchez
Esta receita gústame polo seu sabor e porque lles gusta aos meus nenos. Incluso cunha salsa, pódense conxelar e só hai que sacalos, metelos no forno e comer. Á miña familia gústanlle moito.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour hour
Tempo de cocción 30 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 bote de pementos de piquillo
- 1 Cebola
- 2 Allos
- 8 Lagostinos
- 150 g de setas
- Leite
- Caldo
- Fariña
Preparación:
- En primeiro lugar, picamos o allo e mais a cebola moi finiños e pochámolos con aceite de oliva virxe.
- Despois engadimos as setas moi picadiñas e mais os lagostinos, previamente fervidos, dos que aproveitamos o caldo.
- Cando estea todo ben pochado, engadimos fariña para facer o bechamel e douramos un pouco.
- Incorporamos o caldo, filtrado previamente, e remexemos cunhas varas; despois, engadimos un pouco de leite, sal, pementa e noz moscada.
- Remexemos ata chegar á textura desexada, que non debe ser moi lixeira.
- Logo, déixase arrefriar un pouco e pasamos ao recheo dos pementos.
- E así estarían: pódense fritir rebozados en fariña ou servilos tal cal, con salsa por enriba.
