Compartimos las recetas

Os "Rolades" Rouladen de mamá
Os "Rolades" Rouladen de mamá
Os "Rolades" Rouladen de mamá
por: Marta A.M

Os "Rolades" Rouladen de mamá

por: Marta A.M
Esta receita alemá conta a historia dos nosos pais e de como era o prato estrela dos domigos para gozar en familia ou nunha ocasión especial. A nós sempre nos acompañou no Nadal e mais en días especiais.


*Receita orixinal en castelán
Os "Rolades" Rouladen de mamá
Os "Rolades" Rouladen de mamá
Categoría Carnes
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour 20 minutes
Tempo de cocción 1 hour
Os "Rolades" Rouladen de mamá

Ingredientes:

  • 6 Filetes finos de tenreira
  • 6 lonchas de panceta ibérica
  • 12 Cogombros sabor anchoa
  • Mostaza
  • Sal
  • Pementa
  • Pauciños ou escarvadentes

Para o prebe:

  • 1 litro de caldo de carne
  • 1 Cebola
  • 1 Cenoria
  • 2 Tomates maduros
  • Viño branco ao gusto
Os "Rolades" Rouladen de mamá
Os "Rolades" Rouladen de mamá

Preparación:

  • Collemos os filetes e dámoslles co mazo para que queden máis finos e salpementamos.
  • Pincelámolos con mostaza. Colocamos enriba unha loncha de mostaza e dous cogombros. Enrolamos e pechamos cos escarvadentes ou con pauciños.
  • Selamos os roliños nunha cazola ata que estean dourados e reservámolos.
  • Para o prebe, na mesma pota pochamos a cebola e mais a cenoria. Cando estean cociñadas, engadimos o tomate cortado en anacos e cociñamos durante 5 minutos.
  • Engadimos o viño branco e deixamos que reduza. Incorporamos o caldo e os "rouladen" e cociñamos aproximadamente durante unha hora.
  • Antes de empratar, retiramos os rouladen e trituramos a salsa. Mesturamos todo de novo e deixamos cociñar 5 minutos máis a lume lento.
  • Listo para desfrutar!