Compartimos las recetas

Meatloaf de Tina
Meatloaf de Tina
Meatloaf de Tina
por: Tina Torrens

Meatloaf de Tina

por: Tina Torrens
Disque un non se vai de todo mentres haxa alguén que o lembre. E hai pratos que fan xusto iso: manter acesa unha historia. A miña nai chegou a Galicia con 22 anos desde Nova York pensando que serían unhas simples vacacións. Quedou 30 anos nos que tivo 3 fillos, que adoran a cociña, en gran parte, grazas a ela (cada un ao seu xeito). Medramos cunha mestura de sabores e cunha mestura entre Nova York e Galicia: empanadas, cookies, lentellas, albóndegas, pizzas de todo tipo e, por suposto, o seu famoso "meatloaf" que, aínda hoxe, seguimos cociñando sen igualar nunca a orixinal. Hoxe quero gardar un anaco nas nosas lembranzas en forma de prato para que nunca esquezamos o que vivimos e o moito que a queremos. Love you, Mum.


*Receita orixinal en castelán
Meatloaf de Tina
Meatloaf de Tina
Categoría Carnes
Comensais 6
Tempo de elaboración 1 hour
Tempo de cocción 1 hour
Meatloaf de Tina

Ingredientes:

Para o meatloaf:

  • 700 g de carne picada de tenreira
  • 300 g de carne picada de porco
  • 1 Cebola grande
  • 2 Dentes de allo
  • 2 Ovos
  • 2 Rebandas de pan de molde
  • 100 ml Leite
  • 2 culleradas Tomate concentrado ou tomate frito espeso
  • Pirixel picado
  • Sal
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva

Para a salsa de tomate:

  • 400 g Tomate triturado
  • 1/2 Cebola pequena
  • 1 Dente de allo
  • 2 culleradas Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa
  • Loureiro
  • Ourego ou alfábega
  • 1 culleradiña de azucre
Meatloaf de Tina
Meatloaf de Tina

Preparación:

Preparación:

  • Prequenta o forno a 180 ºC
  • Pica a cebola e mais os allos. Rustre a cebola grande e 2 dentes de allo cun pouco de aceite ata que estean brandos.
  • Mestura o leite co pan de molde e deixa repousar 2 minutos.
  • Nun bol grande, mestura a carne picada, a cebola e os allos rustridos, os ovos, o pan mollado en leite, un tomate concentrado, o pirixel, o sal e mais a pementa.
  • Mestura ben coas mans sen compactar demasiado.
  • Forma unha peza alongada e colócaa nunha bandexa ou nun molde.
  • Mete no forno durante 55-60 minutos

Para a salsa:

  • Rustre a media cebola e o allo no aceite.
  • Engade o tomate triturado.
  • Engade sal e pementa.
  • Engade ourego ou alfábega.
  • Cociña a lume lento 15-20 minutos ata que espese.
  • Recoméndase ir glaseando a salsa de tomate paseniñamente aos poucos no forno, en 3 veces. Unha cada 20 minutos.
  • Deixar repousar o meatloaf durante 10 minutos antes de cortar.
  • Sirve coa salsa quente por enriba ou á parte.
  • Acompañamento recomendado: puré de patacas / chícharos con manteiga.