Lombo de porco recheo
por: Marité Tubio Vázquez
Lombo de porco recheo
por: Marité Tubio Vázquez
É unha receita moi especial para min porque a faciamos xuntas a miña avoa e mais eu. Elaborámola en días onde toda a familia se reunía para desfrutar algún acontecemento inesquecible.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Carnes
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 30 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 kg de lombo de porco
- Touciño entrefebrado
- Pirixel
- Allo
- Tomiño
- Romeu
- Sal
- Coñac
- Ovo
- Pistachos
- Aceite de oliva
Preparación:
- Abrimos o lombo tipo libro.
- Machucamos as herbas co sal e co coñac nun morteiro.
- Adubamos a carne con esta mestura e deixamos macerar toda a noite.
- Para facer una tortilla francesa, batemos os ovos e poñémolos nun molde cadrado ao forno durante 10 minutos.
- Estiramos a carne, poñemos enriba a tortilla, as tiras de panceta e os pistachos.
- Enrolamos a carne e atámoas con fío de cociña.
- Selámolo na tixola con aceite de oliva moi quente.
- Metemos no forno durante 30 minutos a 180 graos.
