Compartimos las recetas

Gazpacho ao seu gusto
Gazpacho ao seu gusto
Gazpacho ao seu gusto
por: Eduardo

Gazpacho ao seu gusto

por: Eduardo
O meu marido estivo perfeccionando a receita ata que lle saíu perfecta (ao seu gusto, claro). Agora está no ceo e fíxome ilusión compartir a receita.


*Receita orixinal en castelán
Gazpacho ao seu gusto
Gazpacho ao seu gusto
Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 15 minutes
Gazpacho ao seu gusto

Ingredientes:

Ingredientes gazpacho branco:

  • 2 dentes de allo
  • 180 g pan
  • 10 g sal
  • 90 ml de aceite virxe extra
  • 35 g vinagre de viño

Ingredientes gazpacho vermello:

  • 1 kg de tomates pelados
  • 50 g de pemento vermello
  • 50 g de cebola
  • 50 g de cogombro mondado
  • Pemento doce
  • 300 g de auga ou metade xeo e metade auga
Gazpacho ao seu gusto
Gazpacho ao seu gusto

Preparación:

  • Para o gazpacho branco, engade os allos, o sal e o pan humedecido e escorrido. Tritura durante 1 minuto a velocidade 5 se tes Thermomix; se non, utiliza unha batedora tradicional.
  • Mentres trituras, engade o aceite paseniñamente, sen deixar de bater, para que emulsione. Fai o mesmo co vinagre de viño e reserva.
  • Para o gazpacho vermello, noutro recipiente pon os tomates, a cebola, o pemento e mais o cogombro. Bate a máxima potencia durante bastante tempo para que quede fino.
  • Mestúrao co gazpacho branco e bate outra vez a máxima velocidade ata que quede ben integrado.
  • Esparexe pemento doce ao gusto sobre toda a superficie do recipiente que utilices, engade a auga ou o xeo e tritura todo. Proba e engade sal se é necesario.
  • Méteo na neveira e sérveo ben frío.
  • Se se quere, pódese picar xamón e ovo cocido e esparexelos ao empratar.