Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
por: Aldara Fernández
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
por: Aldara Fernández
Esta receita significa moito máis ca comida. É un legado familiar, unha tradición que pasa de xeración en xeración e que mantén viva a historia da miña familia. É tempo compartido, son os amigos que sumamos á nosa mesa, é a familia política que adquire protagonismo, son todas as idades reunidas ao redor da mesa, onde cociñar e comer se converten nun momento de unión. Tamén é unha forma de conectar o pasado co presente, recordando de onde vimos mentres vemos medrar o futuro. Son eu e mais os meus curmáns, pasando da mesa dos nenos á dos maiores.Son recordos, son risas, son historias e longas sobremesas. Son unha das últimas imaxes que gardo da miña avoa e, ao mesmo tempo, das primeiras dos meus fillos e das miñas sobriñas. Son moitas fotos, moito amor. Son os meus.*Receita orixinal en castelán

Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours hours
Tempo de cocción 1 hour hour 30 minutes minutes
Ingredientes:
Masa para 8 empanadas: para que chegue, ten que sobrar.
- Ingrediente principal para elixir: mexillón, bisté, bacallau, liscos...
- 5 kg de fariña
- 2 kg de fermento masa nai ou fermento
- 3 Mancheas de sal
- Auga morna. Engadir pouco a pouco
- Recheo base "zaragallada"
- 1 Pemento vermello
- Aceite. Para o rustrido
- 4 Cebolas moi picadas
- 2 Tomates picados
- 1 sobre de azafrán
Preparación:
Preparación:
- *Sirve un viño, unha cervexa ou un vermú para ti e para o resto da familia. Esta receite non a fai un só.
- Coloca a fariña nun recipiente grande.
- Engade o sal e mestura.
- Incorpora o fermento.
- Vai engadindo auga morna pouquiño a pouco mentres amasas.
- Amasa ata conseguir unha masa elástica e que non se pegue.
- Deixa repousar tapada ata que fermente (aprox. 1-2 horas).
Preparación da zaragallada:
- *Incorpora algunha noticia á mesa, algunha rexouba, lembra tempos pasados...
- Rustre o pemento vermello no aceite.
- Engade a cebola e cociña ata que estea ben pasadiña.
- Incorpora o tomate e cociña ata que reduza.
- Engade o azafrán.
- Agrega os mexillóns e cociña uns minutos (só ata que estean feitos).
- Deixa temperar a zaragallada.
Montaxe:
- *Volve servir un viño, unha cervexa ou un vermú e vai picando queixo e xamón para acompañar.
- Divide a masa en dúas partes (base e tapa).
- Estira a masa e colócaa na bandexa.
- Engade o recheo ben repartido.
- Cubre coa outra metade de masa.
- Sela os bordos e faille á empanada un buratiño no medio.
Cocción:
- Forno prequentado forte (≈220ºC)
- Mete no forno durante 30-35 minutos, ata que estea dourada.
