Compartimos las recetas

Caldeirada de peixe sapo
Caldeirada de peixe sapo
Caldeirada de peixe sapo
por: Beatriz González Álvarez

Caldeirada de peixe sapo

por: Beatriz González Álvarez
Lémbrame as romarías galegas nas que as caldeiradas son o centro da festa. Toda a familia ao redor da mesa celebrando. É un prato moi sinxelo, ideal para comelo quentiño nos días fríos de inverno.

*Receita orixinal en castelán
Caldeirada de peixe sapo
Caldeirada de peixe sapo
Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4
Tempo de elaboración 20 minutes
Tempo de cocción 15 minutes
Caldeirada de peixe sapo

Ingredientes:

  • 1,5 kg Peixe sapo
  • 3 dentes allo
  • 3 Patacas grandes
  • 1 cullerada Carne de pemento chouriceiro
  • Aove
  • Sal
  • Pirixel
Caldeirada de peixe sapo
Caldeirada de peixe sapo

Preparación:

  • Botamos os ósos do peixe sapo, a cabeza e mais o fígado a cocer nuns 500 ml de auga. Isto pódese facer o día antes para telo xa preparado.
  • Mentres se fai o caldo, cortamos as patacas en anacos e a cola do peixe sapo en dados.
  • Nunha pota, botamos un pouco de aceite de oliva virxe e marcamos o peixe sapo. Só un par de voltas no aceite quente.
  • Retiramos e engadimos os allos picadiños no aceite. Cando estean dourados, engadimos as patacas. Refogamos no aceite e engadimos o caldo xa feito.
  • Cocemos durante uns 15 minutos. Nos últimos cinco minutos, engadimos a carne do pemento chouriceiro, o sal e mais o pirixel.
  • Cando as patacas están feitas, engadimos o peixe e apagamos o lume para que se faga coa calor residual. E listo!