Compartimos las recetas

Biscoito de iogur da avoa Carmen
Biscoito de iogur da avoa Carmen
Biscoito de iogur da avoa Carmen
por: Francisco calvo

Biscoito de iogur da avoa Carmen

por: Francisco calvo
Este biscoito é o arrecendo da miña infancia. A miña avoa Carmen preparábao cada domingo pola tarde mentres toda a familia estaba na casa e o aroma enchía a cociña, antes incluso de que saíse do forno. Non precisaba pesa nin receitas escritas. Usaba o vaso do iogur e dicía que así nunca fallaba. Para nós non era só unha sobremesa, era o momento de reunírmornos ao redor da mesa, cortar un anaco aínda temperado e acompañalo cun vaso de leite. Hoxe sigo facéndoo exactamente igual para que os meus fillos coñezan ese sabor e esa tradición familiar que non quero que se perda nunca.


*Receita orixinal en castelán
Biscoito de iogur da avoa Carmen
Biscoito de iogur da avoa Carmen
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 6 personas
Tempo de elaboración 10 minutes
Tempo de cocción 35 minutes
Biscoito de iogur da avoa Carmen

Ingredientes:

  • 1 Iogur natural
  • 3 vasos de fariña. Medida dun vaso de iogur
  • 2 vasos de azucre. Medida dun vaso de iogur
  • 1 vaso de aceite de oliva suave. Medida dun vaso de iogur
  • 3 Ovos
  • 1 sobre fermento
  • 1 Reladura de limón
  • Manteiga para o molde
Biscoito de iogur da avoa Carmen
Biscoito de iogur da avoa Carmen

Preparación:

  • Prequentar o forno a 180 graos.
  • Bater os ovos co azucre ata que escumen.
  • Engdair o iogur e mais o aceite e mesturar.
  • Incorporar a fariña, o fermento e a reladura de limón.
  • Engraxar un molde de manteiga.
  • Verter a mestura no molde.
  • Meter no forno durante 35 minutos.
  • Deixar arrefriar antes de sacar do molde.