Compartimos las recetas

Biscoito de iogur
Biscoito de iogur
Biscoito de iogur
por: Lorena Deber Souto

Biscoito de iogur

por: Lorena Deber Souto
Lémbrame a miña infancia. A miña nai sempre o facía para merendar e ensinoume a preparalo con ela. Recordo momentos inesquecibles da miña infancia, compartindo risas e anécdotas con ela e cos meus avós, días sen preocupacións e nos que só desfrutabamos da súa compañía.


*Receita orixinal en castelán
Biscoito de iogur
Biscoito de iogur
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 6 personas
Tempo de elaboración 30 minutes
Tempo de cocción 40 minutes
Biscoito de iogur

Ingredientes:

  • 3 Ovos
  • 1 Iogur natural ou de limón
  • 1 vaso aceite de oliva. Medida do envase de iogur
  • 2 vasos azucre. Medida do envase de iogur
  • 3 vasos fariña. Medida do envase de iogur
  • 1 sobre de fermento químico
  • 1 reladura dun limón
  • Fariña e un chorriño de aceite de oliva. O aceite, para untar no molde
Biscoito de iogur
Biscoito de iogur

Preparación:

  • Casca os 3 ovos nun bol e enade o azucre.
  • Bate todo coa vara manual ou eléctrica. Báteo moito para que despois o biscoito quede esponxoso.
  • Engade o iogur e a medida de aceite de oliva á mestura e volve bater.
  • Lava e limpa o limón e, cun relador, rela a pel enriba (sen chegares á parte branca).
  • Peneira a fariña sobre a masa (pásaa por un coador) e engade tamén o fermento químico (ou po para a cocción).
  • Mestura ben ata ter unha masa homoxénea e sen grumos.
  • Unta un molde apto para forno con aceite de oliva e esparexe con fariña para evitar que o biscoito se pegue.
  • Verte a masa de biscoito no molde.
  • Mete no forno o biscoito a 180º durante 40 minutos (co forno prequentado).