Bica galega
por: Rocio Cuevas
Bica galega
por: Rocio Cuevas
O arrecendo dos domingos de outono na nosa casa é a bica. Ao redor da mesa senta toda a familia a compartir un café quentiño, cun anaco de bica e algún xogo de mesa que arranca unhas cantas gargalladas. Espero que esa sexa a doce lembranza para os meus fillos igual que o é para min.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 15 minutes minutes
Tempo de cocción 45 minutes minutes
Ingredientes:
- 180 g de manteiga
- 4 Ovos
- 400 g de azucre
- 400 g de fariña
- 200 ml de nata líquida
- 1 sobre de fermento
Preparación:
- Batemos os ovos co azucre co batedor de varas ata montalos.
- Engadir a nata e a manteiga e seguir batendo.
- Finalmente, incorporar o fermento e mais a fariña.
- Verter a masa nun molde forrado con papel de forno e esparexer con azucre.
- Meter no forno a 180 ºC durante 45 minutos.
