Arroz recheo
por: Noelia
Arroz recheo
por: Noelia
É unha receita especial porque á xente causáballe intriga cando dicía que era arroz recheo, tanta, que dei esta receita decenas de veces e a xente queda encantada porque lles gusta moito xa que está realmente boísimo, unha delicia.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Pastas e arroces
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 40 minutes minutes
Tempo de cocción 40 minutes minutes
Ingredientes:
- 2 cunas de arroz
- 300 g carne picada
- 4 Ovos
- 200 g xamón cocido
- 150 g queixo relado
- 2 Tomate
- 1 Cebola
- Aceite de oliva
- Sal
Preparación:
- Primeiro, cocemos o arroz. Ao seren dúas cuncas de arroz, poremos o dobre de auga para cociñalo e un chisco de sal.
- Unha vez feito, reservámolo e poñemos a ferver os ovos.
- Collemos un anaco de cebola, cortámola o máis fina posible e dourámola na tixola.
- Deseguido, enganamos os tomates sen pel e deixamos que poche ben. Logo, engadimos a carne picada.
- Unha vez cociñada, collemos un molde que se poida desmontar e poñemos unha capa grosa de arroz, ben achandada coa culler, e despoís a carne picada, os ovos cortados en rodas e o xamón cocido en tiras.
- Para terminar, engadimos outra capa xenerosa de arroz, ben esmagado coa culler, e terminamos poñendo un pouco de queixo relado por enriba. Ao forno, 10 minutos a 180 graos.
- Despois, só queda sacar do molde e cortar como se fose un anaco de pastel, pero neste caso salgado, riquísimo e orixinal.
