A torta de arroz con leite da avoa Carmen
por: Leticia Fojo
A torta de arroz con leite da avoa Carmen
por: Leticia Fojo
A miña avoa Carmen sempre dicía que unha mesa chea era o mellor sinal de que a miña familia estaba unida. En cada aniversario, celebración ou domingo especial, nunca faltaba esta torta. Preparábaa con calma, mentres a cociña se enchía dun arrecendo que facía que todos nos arrimásemos para preguntar canto faltaba.
Lembro como nos deixaba axudala a esparexer a canela por enriba aínda que, ao final, sempre terminabamos manchados de fariña ou de azucre. Ela ríase e dicía que as mellores sobremesas non eran as que saían perfectas senón as que se facían con cariño.
Cos anos entendín que aquela torta era moito mais ca unha sobremesa. Era a escusa perfecta para reunir toda a familia ao redor da mesa, compartir historias e crear recordos que, ainda hoxe, seguen vivos.
Hoxe prepároa na súa honra, intentado conservar cada detalle que ela me ensinou. Porque hai receitas que alimentan o corpo e outras, coma esta, tamén alimentan o corazón.
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 2 hours hours
Tempo de cocción 1 hour hour 15 minutes minutes
Ingredientes:
- 200 g de galletas María
- 90 g de manteiga derretida
- 180 g de arroz redondo
- 1,5 litros de leite enteiro
- 180 g de azucre
- 1 rama de canela
- A monda dun limón
- 2 Ovos
- 200 ml de nata para montar
- 30 g de manteiga
- 1 culleradiña de vainilla
- Canela en po
Preparación:
- Tritura as galletas e mestúraas coa manteiga.
- Cubre o fondo dun molde desmontable de 22 cm e refrixera 20 minutos.
- Ferve o leite coa monda de limón e canela.
- Engade o arroz e cociña a lume lento durante 55 minutos, remexendo con frecuencia.
- Agrega o azucre e cociña 10 minutos máis.
- Retira o limón e mais a canela.
- Engade a manteiga e deixa que tempere.
- Bate os ovos coa nata.
- Mestúraos pouco a pouco co arroz con leite morno.
- Verte a mestura sobre a base.
- Mete no forno a 170 ºC durante 35-40 minutos, ata que o centro estea callado pero lixeiramente tremente.
- Deixa arrefriar completamente e refrixera polo menos 4 horas.
- Esparexe abundante canela e debuxa unhas liñas con azucre caramelizado ou coloca unha ramiña de canela e un pouco de reladura de limón.