Compartimos las recetas

Arroz recheo
Arroz recheo
Arroz recheo
por: Noelia

Arroz recheo

por: Noelia
É unha receita especial porque á xente causáballe intriga cando dicía que era arroz recheo, tanta, que dei esta receita decenas de veces e a xente queda encantada porque lles gusta moito xa que está realmente boísimo, unha delicia.


*Receita orixinal en castelán
Arroz recheo
Arroz recheo
Categoría Pastas e arroces
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 40 minutes
Tempo de cocción 40 minutes
Arroz recheo

Ingredientes:

  • 2 cunas de arroz
  • 300 g carne picada
  • 4 Ovos
  • 200 g xamón cocido
  • 150 g queixo relado
  • 2 Tomate
  • 1 Cebola
  • Aceite de oliva
  • Sal
Arroz recheo
Arroz recheo

Preparación:

  • Primeiro, cocemos o arroz. Ao seren dúas cuncas de arroz, poremos o dobre de auga para cociñalo e un chisco de sal.
  • Unha vez feito, reservámolo e poñemos a ferver os ovos.
  • Collemos un anaco de cebola, cortámola o máis fina posible e dourámola na tixola.
  • Deseguido, enganamos os tomates sen pel e deixamos que poche ben. Logo, engadimos a carne picada.
  • Unha vez cociñada, collemos un molde que se poida desmontar e poñemos unha capa grosa de arroz, ben achandada coa culler, e despoís a carne picada, os ovos cortados en rodas e o xamón cocido en tiras.
  • Para terminar, engadimos outra capa xenerosa de arroz, ben esmagado coa culler, e terminamos poñendo un pouco de queixo relado por enriba. Ao forno, 10 minutos a 180 graos.
  • Despois, só queda sacar do molde e cortar como se fose un anaco de pastel, pero neste caso salgado, riquísimo e orixinal.