Tiramisú della mia prozia e del mio prozio
por: Noemí Ces Fragoso
Tiramisú della mia prozia e del mio prozio
por: Noemí Ces Fragoso
É especial para min porque a miña tía avoa Paquiña sempre estivo moi presente na miña vida, desde que era pequena. Agora non está porque é moi maior pero esta receita faime recordar que, aínda que esteamos lonxe, ela sempre vivirá no meu corazón. A ela e a meu tío avó Manolo gustáballes moito elaborar esta sobremesa. Sempre que había festa, habíao. Agora non se poden mover da casa e é unha mágoa que non poida levarlles nada das sobremesas que fago eu.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 12
Tempo de elaboración 10 minutes minutes
Ingredientes:
- 250 g de queixo quark
- 300 g de nata 35% de materia graxa
- 85 g de azucre branco
- 5 g de vainilla negra
- 250 ml de café frío
- 250 g de azucre branco
- 40 Savoiardi ou biscoito de soletilla
- 40 g de cacao puro
Preparación:
Prepara a crema de queixo:
- Mestura o queixo con 150 g de nata.
- Pon a semimontar a nata co azucre e coa vainilla.
- Integra a mestura de queixo e nata coa nata semimontada.
Prepara o caldo de azucre de café:
- Mestura o café frío co azucre.
- Pon o cazo ao lume ata que se disolva o azucre.
- Retira o cazo do lume.
Prepara o tiramisú:
- Pon os biscoitos nunha bandexa.
- Molla os biscoitos no caldo de azucre.
- Estende a crema de queixo uniformemente.
- Reserva na neveira 15 minutos (por cada capa).
- Repite a operación ata formar tres capas.
- Decora co cacao por enriba do tiramisú.
