Compartimos las recetas

Pementos recheos
Pementos recheos
Pementos recheos
por: Jessica Sánchez

Pementos recheos

por: Jessica Sánchez
Esta receita gústame polo seu sabor e porque lles gusta aos meus nenos. Incluso cunha salsa, pódense conxelar e só hai que sacalos, metelos no forno e comer. Á miña familia gústanlle moito.


*Receita orixinal en castelán
Pementos recheos
Pementos recheos
Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour
Tempo de cocción 30 minutes
Pementos recheos

Ingredientes:

  • 1 bote de pementos de piquillo
  • 1 Cebola
  • 2 Allos
  • 8 Lagostinos
  • 150 g de setas
  • Leite
  • Caldo
  • Fariña
Pementos recheos
Pementos recheos

Preparación:

  • En primeiro lugar, picamos o allo e mais a cebola moi finiños e pochámolos con aceite de oliva virxe.
  • Despois engadimos as setas moi picadiñas e mais os lagostinos, previamente fervidos, dos que aproveitamos o caldo.
  • Cando estea todo ben pochado, engadimos fariña para facer o bechamel e douramos un pouco.
  • Incorporamos o caldo, filtrado previamente, e remexemos cunhas varas; despois, engadimos un pouco de leite, sal, pementa e noz moscada.
  • Remexemos ata chegar á textura desexada, que non debe ser moi lixeira.
  • Logo, déixase arrefriar un pouco e pasamos ao recheo dos pementos.
  • E así estarían: pódense fritir rebozados en fariña ou servilos tal cal, con salsa por enriba.