Compartimos las recetas

Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
por: Aldara Fernández

Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area

por: Aldara Fernández
Esta receita significa moito máis ca comida. É un legado familiar, unha tradición que pasa de xeración en xeración e que mantén viva a historia da miña familia. É tempo compartido, son os amigos que sumamos á nosa mesa, é a familia política que adquire protagonismo, son todas as idades reunidas ao redor da mesa, onde cociñar e comer se converten nun momento de unión. Tamén é unha forma de conectar o pasado co presente, recordando de onde vimos mentres vemos medrar o futuro. Son eu e mais os meus curmáns, pasando da mesa dos nenos á dos maiores.
Son recordos, son risas, son historias e longas sobremesas. Son unha das últimas imaxes que gardo da miña avoa e, ao mesmo tempo, das primeiras dos meus fillos e das miñas sobriñas. Son moitas fotos, moito amor. Son os meus.
*Receita orixinal en castelán
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours
Tempo de cocción 1 hour 30 minutes
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area

Ingredientes:

Masa para 8 empanadas: para que chegue, ten que sobrar.

  • Ingrediente principal para elixir: mexillón, bisté, bacallau, liscos...
  • 5 kg de fariña
  • 2 kg de fermento masa nai ou fermento
  • 3 Mancheas de sal
  • Auga morna. Engadir pouco a pouco
  • Recheo base "zaragallada"
  • 1 Pemento vermello
  • Aceite. Para o rustrido
  • 4 Cebolas moi picadas
  • 2 Tomates picados
  • 1 sobre de azafrán
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area
Empanada estilo Sistallo con toques de Agro da Area

Preparación:

Preparación:

  • *Sirve un viño, unha cervexa ou un vermú para ti e para o resto da familia. Esta receite non a fai un só.
  • Coloca a fariña nun recipiente grande.
  • Engade o sal e mestura.
  • Incorpora o fermento.
  • Vai engadindo auga morna pouquiño a pouco mentres amasas.
  • Amasa ata conseguir unha masa elástica e que non se pegue.
  • Deixa repousar tapada ata que fermente (aprox. 1-2 horas).

Preparación da zaragallada:

  • *Incorpora algunha noticia á mesa, algunha rexouba, lembra tempos pasados...
  • Rustre o pemento vermello no aceite.
  • Engade a cebola e cociña ata que estea ben pasadiña.
  • Incorpora o tomate e cociña ata que reduza.
  • Engade o azafrán.
  • Agrega os mexillóns e cociña uns minutos (só ata que estean feitos).
  • Deixa temperar a zaragallada.

Montaxe:

  • *Volve servir un viño, unha cervexa ou un vermú e vai picando queixo e xamón para acompañar.
  • Divide a masa en dúas partes (base e tapa).
  • Estira a masa e colócaa na bandexa.
  • Engade o recheo ben repartido.
  • Cubre coa outra metade de masa.
  • Sela os bordos e faille á empanada un buratiño no medio.

Cocción:

  • Forno prequentado forte (≈220ºC)
  • Mete no forno durante 30-35 minutos, ata que estea dourada.