Rolo de tenreira recheo ao forno
por: Rosa
Rolo de tenreira recheo ao forno
por: Rosa
Receita moi especial que lembra as festas patronais na casa da miña nai e da miña tía. Aprendina delas e fágoa en eventos especiais, polo menos, dúas veces ao ano. Á miña familia encántalle. este prato frío tamén está riquísimo, pero case nunca sobra.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Carnes
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours hours
Tempo de cocción 1 hour hour 25 minutes minutes
Ingredientes:
- 2 kg de tenreira
- Pirixel
- Allo
- Aceite de oliva
- Sal
- 5 Ovos cocidos
- 1 bolsa salchichas medianas
- 1 bolsa olivas recheas
- 1 bote pementos de piquillo
- 150 g xamón cocido
- 150 g xamón serrano
Preparación:
- Eu pido a peza de carne xa aberta na carnicería e adubo polos dous lados co aliño, preparado previamente no morteiro, con allo, pirixel, sal e aceite de oliva.
- Estendo plana a peza e comezo colocando o xamón serrano e os pementos; logo, os ovos cocidos, enteiros e colocados en fileira ao longo da peza. Deseguido, poño as salchichas ao long,as olivas e cubro todo co xamón cocido.
- Comezo a enrolar no sentido máis alongado da peza e cunha agulla grosa e fío dos chourizos vou cosendo todo ao longo para que non saia o recheo. Por último, dou varias voltas de fío, apertando e tensando para que quede máis compacto.
- Poño no forno a uns 190 graos durante aproximadamente unha hora e media. Se seca, engado un pouco de caldo ou incluso viño branco, ao gusto.
- Antes de cortalo, para que non se desfaga, espero uns minutos tras sacalo do forno e utilizo un coitelo ben afiado, que non sexa de serra. E listo para empratar!
