Biscoito de iogur da avoa Carmen
por: Francisco calvo
Biscoito de iogur da avoa Carmen
por: Francisco calvo
Este biscoito é o arrecendo da miña infancia. A miña avoa Carmen preparábao cada domingo pola tarde mentres toda a familia estaba na casa e o aroma enchía a cociña, antes incluso de que saíse do forno. Non precisaba pesa nin receitas escritas. Usaba o vaso do iogur e dicía que así nunca fallaba. Para nós non era só unha sobremesa, era o momento de reunírmornos ao redor da mesa, cortar un anaco aínda temperado e acompañalo cun vaso de leite. Hoxe sigo facéndoo exactamente igual para que os meus fillos coñezan ese sabor e esa tradición familiar que non quero que se perda nunca.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 6 personas
Tempo de elaboración 10 minutes minutes
Tempo de cocción 35 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 Iogur natural
- 3 vasos de fariña. Medida dun vaso de iogur
- 2 vasos de azucre. Medida dun vaso de iogur
- 1 vaso de aceite de oliva suave. Medida dun vaso de iogur
- 3 Ovos
- 1 sobre fermento
- 1 Reladura de limón
- Manteiga para o molde
Preparación:
- Prequentar o forno a 180 graos.
- Bater os ovos co azucre ata que escumen.
- Engdair o iogur e mais o aceite e mesturar.
- Incorporar a fariña, o fermento e a reladura de limón.
- Engraxar un molde de manteiga.
- Verter a mestura no molde.
- Meter no forno durante 35 minutos.
- Deixar arrefriar antes de sacar do molde.
