Caldeirada de peixe sapo
por: Beatriz González Álvarez
Caldeirada de peixe sapo
por: Beatriz González Álvarez
Lémbrame as romarías galegas nas que as caldeiradas son o centro da festa. Toda a familia ao redor da mesa celebrando. É un prato moi sinxelo, ideal para comelo quentiño nos días fríos de inverno.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 15 minutes minutes
Ingredientes:
- 1,5 kg Peixe sapo
- 3 dentes allo
- 3 Patacas grandes
- 1 cullerada Carne de pemento chouriceiro
- Aove
- Sal
- Pirixel
Preparación:
- Botamos os ósos do peixe sapo, a cabeza e mais o fígado a cocer nuns 500 ml de auga. Isto pódese facer o día antes para telo xa preparado.
- Mentres se fai o caldo, cortamos as patacas en anacos e a cola do peixe sapo en dados.
- Nunha pota, botamos un pouco de aceite de oliva virxe e marcamos o peixe sapo. Só un par de voltas no aceite quente.
- Retiramos e engadimos os allos picadiños no aceite. Cando estean dourados, engadimos as patacas. Refogamos no aceite e engadimos o caldo xa feito.
- Cocemos durante uns 15 minutos. Nos últimos cinco minutos, engadimos a carne do pemento chouriceiro, o sal e mais o pirixel.
- Cando as patacas están feitas, engadimos o peixe e apagamos o lume para que se faga coa calor residual. E listo!
