Como facer un gazpacho de amorodos fresquiño

Se estabas buscando unha combinación perfecta de sopa/bebida fresca deliciosa e bonita para este verán, xa a atopaches. Porque hoxe vámosche a contar como facer un gazpacho de amorodo. Unha alternativa para engadir ó tomate, un pouco máis doce e que posiblemente sexa máis atractivo para toda a familia, especialmente para os nenos.

O mellor do gazpacho de amorodo é que é moi sinxelo e rápido de facer. Non precisas moito tempo, nin utilizar ningún tipo de tixola ou pota. Todo o que debes facer é unha pequena sesión de corte de ingredientes e poñer a traballar un pouco o teu procesador ou triturador de alimentos.

Que ingredientes precisas para facer gazpacho de amorodo (6 vasos)?

  • 1 tomate mediano, picado en anacos máis ou menos grosos.
  • ½ cogombro, pelado e picado en anacos.
  • ½ pemento vermello de tamaño medio, sen sementes e cortado en anacos.
  • 450 gramos de amorodos maduros, cortados á metade ou en 4 anacos se son moi grandes.
  • ½ culler de allo picado.
  • ½ culler de tomiño picado.
  • 3 culleres de aceite de oliva virxe extra.
  • 1 culler de vinagre balsámico.
  • ½ culler de sal.
  • ¼ de culler de pementa negra moída.
  • ½ cunca de caldo de verduras.
  • 6 amorodos enteiros.

fresas gazpacho

Receita de gazpacho de amorodo

O primeiro paso para facer gazpacho de amorodo é o habitual desta receita. É dicir, triturar o tomate, o cogombro e o pemento até que estea bastante líquido. Despois, pásalo a unha cunca grande.

A continuación, colocas os amorodos picados no triturador até que collan textura líquida. Despois, combinas ambas mesturas, removéndoas adecuadamente. Debes volver a pasalas polo procesador de alimentos, agora xa co allo e o tomiño tamén, para mellorar a textura e acadar o punto ó teu gusto.

Por último, virte a mestura nun recipiente grande, engadindo aceite de oliva, vinagre, sal e pementa negra. Cubre o resultado e deixa que arrefríe entre 4 e 8 horas, para acadar ese punto de gazpacho fresquiño que buscabas. Para mellorar a presentación, coloca uns amorodos enteiros ou cortados en toros encima da mestura.

Unha receita moi de verán coa que sorprender ás túas visitas ou á túa familia. Moi sinxela e orixinal, e con ingredientes moi comúns que podes mercar no teu supermercado Gadis habitual.

Deja un comentario