Mesturar nun bol as espinacas picadas, a ricota, o queixo, as noces, o ovo, sal e pementa. Reservar.
Nun recipiente fondo, preparar a mestura para hidratar as obleas de arroz. Engade o ovo, sal e pementa e, por úlitmo, a auga e integra ben.
Para armar os trianguliños, pasar as obleas pola mestura de ovo. Superpoñer 2 obleas e colocar o recheo no centro.
Pechar formando triángulos e colocar nunha placa para forno con papel de forno aceitado.
Pincelar os trianguliños de espinacas co resto da mestura de ovo e esparexer con sementes de sésamo
Meter no forno, prequentado a 200 ºC, durante 20 minutos ou ata que estean dourados.