Pan de quinoa
Autor/a: Lidia Filgueira @lidiadisfrutasingluten
Tiña moitas ganas de preparar un pan sen fariña e este é o resultado. Delicioso!
1 Forno Para enfornar o pan
1 Procesador/batedor Para triturar os ingredientes
1 Molde rectangular Para botar a masa
1 Espátula Para introducir a masa no molde
1 Recipiente metálico Para engadir auga dentro do forno
- 300 g quinoa hidratada 3 h antes
- 125 ml auga
- 60 g sementes de liño moídas
- 60 ml aceite de oliva
- 40 g sementes de xirasol
- 1 cdta sal
- 1 cdta bicarbonato
- 1 cdta zume de limón
Lavar a quinoa e cubrir con auga. Hidratar en auga durante 3 horas. Escorrer e reservar.
Engadir as sementes de liño trituradas en 125 ml de auga e hidratar durante 1 hora.
Prequentar o forno a 180ºC (calor arriba e abaixo) cun recipiente metálico na base.
Triturar la quinoa hidratada, as sementes de liño, o aceite de oliva, o bicarbonato con limón e unha culleradiña de sal.
Incorporar a masa nun molde rectangular e engadir enriba sementes de xirasol.
Engadir un chisco de auga no recipiente metálico do forno e introducir o molde cola masa.
Enfornar a 180ºC durante unha hora.
Retirar e deixar arrefriar sobre unha bandexa de forno de reixa.
Preparación15 minutes minutes
Cocción 1 hour hour
Tiempo de repouso 30 minutes minutes
Etiqueta/s: pan, sen fariñas, sen glute, vegano