Go Back
+ servings

Morcilla de champiñóns

Unha deliciosa alternativa vexetal á morcilla tradicional, chea de sabor e moi doado de preparar. Elabórase con champiñóns, cebola e allo, aderezados con salsa de soia, pemento e perexil. Servida sobre pan tostado, é perfecta para un aperitivo ou unha cea sinxela e saborosa.
Etiqueta/s:receta sinxela, vegano
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Entrante
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Picadora
  • 1 Tixola
  • 1 Táboa de madeita
  • 1 Coitelo

Ingredientes
  

  • 1/2 Cebola doce galega
  • 2 Dentes de allo pelados
  • 150 g champiñoóns
  • Perexil fresco
  • 2 cdas salsa de soia
  • 1 cdta pemento doce afumado
  • 2 cdas aceite de oliva
  • 1 Pan

Elaboración paso a paso
 

  • Tritura coa axuda dunha picadora, media cebola e dous dentes de allo, rehoga uns minutos nunha tixola ampla con aceite de oliva, mentres tanto pica tamén os champiñóns ata conseguir unha masa granulada fina, agrega á tixola e rehoga a lume medio-alto sen deixar de remover, uns 5 minutos.
  • Pasado ese tempo, engade perexil picado, salsa de soia e pemento, rehoga outro par de minutos a lume baixo, tosta pan e xa o tes!