Go Back
+ servings

Pan pizza de polo e pesto

Unha receita doada, rápida e chea de sabor que transforma unhas rebanadas do noso pan favorito nunha deliciosa pizza caseira. Prepárase con polo especiado, un pesto aromático e abundante queixo, que ao gratinarse consegue un resultado irresistible. Unha opción perfecta para desfrutar dunha comida ou cea rápida sen renunciar ao sabor.
Etiqueta/s:pizza caseira, receta rápida, receta sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación25 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total35 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Española
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Bandexa de forno
  • 1 Procesador de alimentos ou morteiro
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 1 Pan ao gusto
  • 1 Peituga de polo
  • Parmesano para gratinar
  • Mozarella
  • Especias ao gusto

Ingredientes Pesto

  • Albahaca
  • 1 Dente de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pistachos
  • 30 g parmesano

Elaboración paso a paso
 

  • Comeza preparando a salsa pesto mesturando todos os ingredientes ou usando un morteiro.
  • Despois, cociña a peituga de polo en dados coas túas especias favoritas ata que estea dourada.
  • Corta o pan pola metade, estende unha capa de pesto, engade o polo, a mozzarella e o queixo parmesano e grella durante 5 minutos.
  • Engade un pouco máis de pesto e listo!