Go Back
+ servings

Pescada dúas salsas estival

Esta pescada dúas salsas estival é moito máis que unha receita deliciosa: é un prato cheo de recordos e tradición familiar. Unha receita da avoa que combina o sabor da pescada cunhas salsas frescas e perfectas para o verán, converténdoa nunha proposta sinxela, saborosa e cargada dese toque especial que teñen as receitas que pasan de xeración en xeración.
Etiqueta/s:gourmet, peixe
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción11 minutes
Tempo total26 minutes
Prato Prato principal
Cociña Española
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Tarteira

Ingredientes
  

  • 2 Lombos de pescada fresca
  • 4 Langostinos conxeados
  • 2 Patacas
  • 4 cda maionesa
  • 10 ml brandy
  • 2 cda ketchup
  • 2 cda zumo de laranxa
  • 1/2 Cebola doce
  • 1 Ovo cocido
  • Perexil
  • Aceite ao gusto
  • Sal ao gusto
  • Soia ao gusto
  • Loureiro ao gusto
  • Vinagre ao gusto

Elaboración paso a paso
 

  • Cocemos en auga con sal e loureiro os 4 lagostinos e os 2 lombos de pescada durante 3 minutos. Retiramos e arrefriamos. 
    Aproveitando a saborosa auga de cocer os lagostinos e a pescada, cocemos nela as patacas peladas e cortadas en cuadradiños. Cando estean brandas pero enteiras, uns 8 minutos, retirámolas e arrefriamos.
  • SALSAS:
    Salsa cocktail: Maionesa + ketchup + cullerada de zume de laranxa + cullerada de brandy.
    Salpicón de Romana: cebola doce + moito perexil  + ovo duro, picados moi miúdos e emulsionados con aceite virxe, sal, vinagre e mostaza. (A miña única achega á causa é cambiar a mostaza que poñía a miña avoa por salsa de soia).
  • Colocamos nun prato o lombo de pescada cocido e frío, tapamos cada metade con cada unha das salsas, engadimos as patacas cocidas e algún lagostino ben disposto, e prato listo para desfrutar!