Cando chega o verán, apetecen receitas frescas, lixeiras e cheas de sabor. Esta ensalada de sandía, rúcula e feta reúne nun só prato a dozura da froita, o toque lixeiramente picante da rúcula e a intensidade do queixo feta. Unha combinación sinxela e sorprendente que demostra que, con bos ingredientes, non fai falta complicarse para desfrutar dun prato delicioso e refrescante.
Nun bol mesturar a rúcula, co feta desmenuzado, cogombro cortado en dados pequenos, cebola morada á xuliana, aneto, sal, aceite de oliva e pementa negra moída.
Cortar cun aro de empratar ou cortador a sandía e dispoñer nun prato, Asperxer unhas gotiñas de zume de limón.
Engadir a ensalada e terminar cunhas noces toradas e un fío de mel.