Go Back
+ servings

Canelón exprés amaña ceas

Cando necesitamos unha cea práctica sen renunciar ao sabor, este canelón exprés convértese nunha opción perfecta. Doado e rápido de preparar, combina ingredientes sinxelos para lograr un prato reconfortante, saboroso e moi saciante.
Ademais, acompañado dunha boa ensalada fresca, transfórmase nunha comida máis completa e equilibrada, ideal para desfrutar calquera día da semana sen complicacións na cociña.
Etiqueta/s:boniato, canelóns, rápido, sen glute
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 1 persoa

Equipamento

  • 1 Tixola
  • 1 mandolina ou coitelo afiado
  • 1 Forno ou Airfryer

Ingredientes
  

  • 1 Anaco de boniato
  • 2 Ovos grandes
  • 30 grs queixo emmental relado
  • 1 lata de bonito
  • 4 cdas de tomate frito
  • 8 Olivas
  • Aceite
  • Vinagre
  • Sal
  • Mel
  • Mostaza
  • Salsa de soia

Elaboración paso a paso
 

  • Lavamos a batata e cortámolo en liscos finos. Para unha boa ración necesitaremos 8 ou 9 liscos e unha tixola de 26 centímetros. Se o cortamos con mandolina será moito máis doado.
  • Asperxemos con spray de aceite unha tixola e colocamos os toros de batata en círculo e no centro. Facémolas uns 2 minutos. Salgamos e dámoslles a volta unha a unha.
  • Vertemos 2 ovos batidos (grandes) sobre a batata para que se forme unha especie de crepe de ovo. Tapámolo para que se calle a parte superior e deixámolo outros 2 ou 3 minutos.
  • Despegamos os bordos da nosa tortilla e con axuda dun prato dámoslle a volta coma se fose unha tortilla de patacas.
  • Mesturamos  o bonito ben escorrido con 4 culleradas de salsa de tomate e engadímoslle unhas olivas, ou piparras, picaditas.
  • Colocamos esa mestura no centro da tortilla de batata e enrolamos ben formando un canelón xigante.
  • Colocamos o noso canelón exprés arranxa ceas nunha fonte de forno, cubrímolo con queixo relado e levámolo a gratinar en forno ou airfryer ata que o queixo se derreta. En forno en función grella uns 6 minutos e en airfryer a 205º uns 4 minutos.
  • Acompañamos o canelón cunha boa ensalada verde, con ravos e tomatitos cherry e aderezámola, por exemplo, cunha vinagreta de  aceite, vinagre, mostaza, soia e mel.