Picamos o solombo finamente cun coitelo ben afiado.
Picamos tamén o touciño entrefebrado.
Trituramos os champiñóns cunha picadora.
Mesturamos todo nun bol amplo, botamos un pouquiño de perexil fresco tamén moi picadito, relamos un dente de allo, o pan relado, o ovo, salpimentamos, integramos todo moi ben.
Formamos bólas do tamaño de pelotas de ping pong.
Pasamos por fariña, tamizamos, douramos nun fondo de aceite, retiramos e reservamos.
No mesmo aceite pochamos todas verduras a lume lento, salpimentamos.
Unha vez feitas, volvemos incorporar as albóndegas, botamos unhas hebras de azafrán, tostamos uns segundos.
Regamos co viño tinto e deixamos reducir.
Engadimos a salsa de soia e cubrimos con caldo de carne ou auga, deixamos unha hora a lume medio/baixo, non salgamos.
Pelamos a iuca, laminamos cunha mandolina, fritimos en abundante aceite quente pero non fumarento, por tandadas con moito coidado para que non se queimen, pasamos a un papel absorbente, salgamos e reservamos.
Retiramos as albóndegas, coamos a salsa, deshechamos as verduras que xa fixeron a súa función, deixamos reducir a salsa a lume forte ata o punto desexado.
Probamos, rectificamos de sal e pementa, presentamos coa súa salsa, os chips de iuca, acompañamos con arroz branco, patacas, ensalada, ao gusto de cada un e a desfrutar!