Go Back
+ servings

Focaccia de primavera

Esta focaccia de primavera é unha forma deliciosa de celebrar a chegada do bo tempo. A súa masa esponxosa e lixeiramente crujiente por fóra serve como base perfecta para unha decoración vibrante de verduras de tempada, que achegan cor, frescura e sabor. É unha receita tan vistosa como saborosa, ideal para compartir en comidas ao aire libre ou para dar un toque especial a calquera mesa primaveral.
Etiqueta/s:aperitivo, estacional, focaccia, verduras
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tempo de repouso:20 minutes
Tempo total1 hour 10 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Italiana
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Forno
  • 1 Ola de ferro

Ingredientes
  

  • 500 g fariña de forza
  • 340 g auga
  • 25 g fermento fresco
  • 10 g sal
  • 2 cdas aceite de oliva
  • 100 g verduras de colores. Cebola morada, pemento, espárragos e cherries.

Elaboración paso a paso
 

  • Nun bol disolvemos o fermento en auga morna con azucre.
  • Engadimos a fariña, o aceite e o sal e amasamos. 
  • Tapamos e deixamos repousar ata que dobre o volume.
  • Volvemos amasar para desgasificala e facemos unha bóla.
  • Collemos a nosa bandexa ou, no meu caso, unha pota de ferro e enzoufámola con aceite. 
  • Poñemos a masa no centro e estirámola lixeiramente ata ocupar toda a superficie da pota.
  • Deixamos que dobre o volume e, mentres, cortamos as verduras e decidimos un pouco o deseño da focaccia.
  • Eu cortei o pemento amarelo para facer pétalos de flor, cherrys á metade para facer unhas flores máis pequenas e a cebola en rodas de 1,5 cm aprox. Os espárragos verdes corteinos máis pequenos para facer un pouco máis de céspede.
  • Prequentamos o forno a 200 ºC.
  • Cando xa medrou un pouco, colocamos as verduras sobre a masa, poñemos a tapa da pota e metemos no forno uns 15 minutos.
  • Pasado este tempo, retiramos a tapa para que se doure por enriba (se o fas nunha bandexa, igual tes que poñer un pouco de papel de aluminio para que non se queime).
  • Sacamos do forno e a desfrutar. Podedes comela tal cal ou reenchela co que vos guste.